Noticias
31 de xullo de 2014
Edu defenderá por sétima tempada a camiseta laranxa
O Burela Pescados Rubén e Eduardo Saavedra renovan o seu compromiso por unha tempada máis. O meta galego, natural de Narón, chegou ao conxunto da Mariña na tempada 2007/2008 procedente do Celta de Vigo e durante catro tempadas deleitou e conquistou a Vista Alegre coas súas intervencións e carácter competitivo. Tralo seu paso polo Oxipharma Granada (2011/2012) regresou ao Burela Pescados Rubén na estrea en Primeira División (2012/2013) e trala renovación cumprirá a súa sétima tempada en Burela.
O presidente do club, Manuel Blanco, o directivo Rubén Blanco, e Eduardo Saavedra formalizaron a renovación na sé da entidade. O cancerbeiro ferrolán cumprirá a súa sétima tempada no CD Burela FS Pescados Rubén sendo un alicerce fundamental no crecemento deportivo do conxunto mariñao. O presidente da entidade laranxa manifestou que “estamos encantados de que Edu continúe no Burela FS Pescados Rubén xa que é un xogador comprometido e que aporta moito ao equipo, é un referente do club”.

Pola súa banda, o gardameta laranxa declarou que “estou moi contento po continuar unha tempada máis no meu equipo. Esta é a miña casa e é un orgullo defender a camiseta do Burela Pescados Rubén”. En referencia á competición indicou que será unha tempada “intensa e de máxima igualdade. Exceptuando aos grandes; Inter, ElPozo e Barça os demais equipos estamos moi parellos e cada detalle pode decantar un partido aínda que tamén situaría ao Marfil Santa Coloma un chanzo por encima do resto. Esperamos ilusionar á nosa afección e co seu apoio lograr os obxectivos. A nosa ilusión é competir por conquistar os postos de acceso á Copa e repetir PlayOff. Nesta competición ninguén regala nada, estamos na élite do Fútbol Sala unha tempada máis e con humildade, compromiso e traballo imos a competir para dar alegrías á nosa xente”.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores