Noticias
15 de xullo de 2014
Hugo Bernárdez non continuará no Burela Pescados Rubén
Hugo Bernárdez non continuará no Burela PescadosRubén a próxima tempada e xogará no Bakú United Futsal de Londres. O á madrileño chegou ao conxunto burelés procedente do Santiago Futsal e aínda que a entidade laranxa lle ofreceu a renovación, Hugo elixiu continuar a súa carreira deportiva na liga inglesa en busca de novas experiencias. O CD Burela Pescados Rubén agradécelle os servizos prestados e deséxalle sorte no seu novo destino.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores