Noticias
9 de xullo de 2014
Adrián Paz e Pilar Costa completan o profesorado do Campus Burela FS Pescados Rubén 2014

O Campus 2014 completa o seu profesorado de luxo coa presenza de Adrián Paz, preparador físico do Al Wadha; equipo dos Emiratos Árabes dirixido polo ferrolán Pablo Prieto, e coa seleccionadora galega Sub17, Pilar Costa. O Campus está dirixido por Christian Gómez, coordinador de base do CD Burela FS Pescados Rubén, coa colaboración de Mario Pillado e Javi Celes, técnicos de base da entidade laranxa.


 


O profesorado desta edición está formado por:



CD Burela FS Pescados Rubén



Juanlu Alonso: Adestrador equipo masculino. Primeira División LNFS
Quico Otero. Adestrador equipo femenino. Primeira División RFEF
Alfonso Mera. Preparador Físico equipo masculino. Primeira División LNFS
Pablo Díaz. Preparador Físico equipo feminino. Primeira División RFEF
Iván Cao. Adestrador equipo filial de Terceira División.


Jugadores/as Burela FS: Edu, Iago Míguez, Lara, Brais, Antoñito, Paula e Juanma.


 


Invitados


Iago Barro. Xogador do Uruguay Tenerife. Primeira División LNFS
Diego Quintela. Xogador do Santiago Futsal. Primeira División LNFS
Antonio Bores. Preparador Físico Selección Española.
Santiago Valladares. Adestrador do Santiago Futsal. Primeira División LNFS
Adrián Paz. Preparador Físico Al Wahda (Emiratos Árabes)
Pilar Costa. Seleccionadora Galega Feminina Sub17.


 


O Campus Mixto Internacional de Fútbol Sala Base Burela FS Pescados Rubén celébrase durante os días xoves 10, venres 11, sábado 12 e domingo 13 de xullo. A apertura para inscribirse comezou o luns 16 de xuño e a data límite será o martes 8 de xullo. A actividade que organiza o CD Burela FS Pescados Rubén terá un número limitado de 60 prazas e está destinado a nenos e nenas que desexen aprender os segredos deste deporte, baixo o control de monitores/as e auténticos profesionais do Fútbol Sala.


 


Máis información do Campus 2014 pincha aquí

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores