Noticias
30 de xuño de 2014
O Burela Pescados Rubén e Christian non renovan o seu compromiso
O Burela Pescados Rubén e Christian Chao Palmeiro non prolongarán a súa relación contractual. A vinculación entre ambas partes finaliza hoxe, 30 de xuño de 2014. O xogador vivariense chegou ao conxunto laranxa procedente do Lanzarote Tías Yaiza de Segunda División e tras cinco tempadas na escuadra burelesa iniciará unha nova etapa deportiva.

O Burela Pescados Rubén agradece a profesionalidade, entrega e comportamento exemplar de Christian durante as cinco tempadas coa elástica laranxa, tres en Segunda e dúas en Primeira División, e deséxalle o mellor no seu próximo destino.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores