Noticias
8 de xuño de 2014
O Atlético de Madrid campión da Copa de España
O Atlético de Madrid Navalcarnero completou o triplete nesta tempada coa conquista da XX Copa de España de Fútbol Sala Feminino Burela 2014, tras derrotar na final ao AD Alcorcón por 0-2, con goles de Ju Delgado e Natalia. O conxunto roxiblanco pecha a súa excelente tempada; Supercopa, Liga e Copa, con dedicación especial a Félix Aranda, fundador e vicepresidente do club recentemente finado.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura

Dende a organización, noraboa ao campión polos seus éxitos así como aos demais equipos que competiron nesta Copa de España; AD Alcorcón, CD Burela FS Pescados Rubén e Universidade de Alacante. Felicitar á afección laranxa que animou sen cesar ao seu equipo malia caer nas semifinais e ás afeccións de Alcorcón, Atlético de Madrid e Alacante que tiveron un comportamento exemplar contribuíndo especialmente á festa do deporte.  


Os catro equipos ofreceron un espectáculo deportivo no que se viron tres partidos de gran calidade, máxima intensidade, entrega, emoción e paixón que fixeron as delicias dos espectadores presentes en Vista Alegre e dos que puideron gozar do evento vía streaming a través da www.burelafs.org  grazas ao gran traballo realizado por www.Pasionmc.com e coa excelente narración de Alba Adá de Futsal Cope e Óscar Arcones, xornalista de www.mundosala.es, apoiados na excelente cobertura técnica de Víctor Durán, técnico operador de www.Pasionmc.com.


 


A final arrincou cos nervios iniciais típicos destes partidos e cando ambos conxuntos comezaban a asentar o seu xogo, a fortuna aliouse co Atlético de Madrid. Anita Luján disparou e o seu golpeo tocou en Ju Delgado que desviou a traxectoria do balón para acabar na meta defendida por Miriam. A exhibición en semifinais e este gol afortunado da brasileira certificaron que esta era a súa Copa e que non estaba disposta a regresar sen ela a casa.


Case sen querelo, as colchoneiras abrían o marcador (0-1) pero fieis á súa filosofía, as guerreiras amarelas levantáronse do golpe e apertaron os dentes para complicar a vida durante moitas fases do encontro a un Atlético que soubo defenderse do acoso alfarero cunha Belén moi segura na portería desbaratando as ocasións de Andrea Feijoo e Orive. Mereceu o empate o conxunto dirixido Ángel Orejón pero ao descanso mantívose o marcador (0-1).


Na continuación, o Alcorcón foise descaradamente a polo empate cunha presión alta que as colchoneiras buscaron contrarrestar con posesións longas. O equipo de Andrés Sanz demostrou a templanza precisa nas finais e soubo esperar o seu momento para noquear ao seu rival. Cunha Anita Luján desequilibrante e Ju Delgado demostrando, unha vez máis, os seus galóns e manexando os tempos do encontro chegou o 0-2 a través do instinto asasino de Natalia que aproveitou unha asistencia da brasileira para sacar a súa artillería e cun gran disparo bater a Miriam, minuto 31.


O 0-2 danou as esperanzas do Alcorcón que mantivo o seu carácter competitivo pero as colchoneiras sacaron a relucir a súa experiencia e aínda que o Alcorcón o intentou con xogo de cinco mantívose o 0-2 ata o final que desatou o xúbilo colchoneiro, certificando o cambio na coroa nacional.
 
Palco de autoridades. Entre outras personalidades, estiveron presentes no palco; o Presidente do Comité Nacional de Fútbol Sala, D. Antonio Escribano; o Seleccionador Absoluto de España, D. José Venancio López; en representación do Comité Galego de Fútbol Sala da Federación Galega de Fútbol; D. José Luís Sáez Castro; a Concelleira de Benestar e Servizos Sociais do Concello de Burela, Dña. Diana Durán; o Presidente do CD Burela Pescados Rubén, D. Manuel Blanco; o Xefe do Servizo Provincial de Deportes da Xunta de Galicia en Lugo, D. Manuel Otero; o Secretario do CNFS, D. Javier Sáiz; o Responsable de seleccións femininas do CNFS, D. Patricio Allende e tamén en representación do CNFS; D. Juan Abellán.


 


Ficha técnica



AD Alcorcón: Miriam, Vadillos, Desi, Orive, Isa García -cinco inicial- Soldevilla, Leire, Lara, Andrea Feijoo, Houda.



Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Anita Luján, Rosana, Cristina -cinco incial- Rocío Sevilla, Natalia, Peke.



Goles: 0-1, m.4, Ju Delgado; 0-2, m.31, Natalia.



Árbitros: Cid Bragado, Remeseiro López. Colexio galego. Tarxetas no Atlético a Rocío Sevilla, Ju Delgado.



Incidencias: Final da XX Copa de España disputada no pavillón Vista Alegre de Burela. 600 espectadores. Nos instantes iniciais do encontro as xogadoras realizaron un rondo reivindicativo.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores