Noticias
7 de xuño de 2014
O Atlético vence ao Burela na prórroga e accede a final da Copa España
A segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 deparou un duelo espectacular entre dous equipazos. Burela Pescados Rubén e Atlético de Madrid ofreceron un espectáculo deportivo digno de ver e que grazas a Pasión Media Comunicación puido seguirse en directo vía streaming. Finalmente, o Atlético de Madrid conseguiu o seu pase á gran final tras vencer, prórroga incluída, por 3-5 a un Burela Pescados Rubén que se deixou a alma no seu obxectivo de chegar á final.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografia: A Caixa Esucra Fotografía: A Caixa Escura
O choque resultou vibrante desde o pitido inicial, con ambas escuadras querendo dominar e unha intensidade que foi aumentando co transcorrer do os minutos. O primeiro en golpear foi o Atlético de Madrid, Leti sorprendeu cunha falta directa para situar o 0-1 pero a reacción laranxa non se fixo esperar por mediación de Claudia (1-1) e máxima intensidade en Vista Alegre. O empate deu paso aos mellores minutos dun Burela Pescados Rubén aínda que non puido irse con vantaxe ao descanso ao que se chegou con 1-1.

No segundo capítulo, a película comezou a tinguirse de laranxa e aínda que as de Quico Otero non aproveitaron a superioridade, trala expulsión de Leti por dobre amonestación, lograron bater a Belén en dúas ocasións. Bea Mateos fusilou á meta madrileña (2-1) cun potente disparo e Daniela culminou unha contra guiada por Lidia para marcar o 3-1, minuto 32. Con esta renda as mariñanas recolleron os froitos ao seu dominio pero emerxeu a figura de Ju Delgado no partido para igualar a contenda con dous goles, chegando o empate (3-3) cando Vista Alegre acariñaba a final.

Prórroga. No tempo extra, o cansazo na pista era evidente debido ao esforzo e a intensidade dos corenta minutos. O Burela Pescados Rubén intentaba repoñerse do varapao do empate aínda que as colchoneiras apertaron e de novo a brasileira, Ju Delgado, danou a nave mariñá. Tras unha acción individual brillante disparou á madeira e o rexeite aproveitouno Rocío Sevilla para remontar o choque (3-4). A dous segundos do primeiro tempo extra, Lara dispuxo da ocasión para empatar pero o seu lanzamento desde o dobrepenalti foi rexeitado por Belén. Na segunda parte, o Burela Pescados Rubén queimou as naves e as forzas que lle quedaban para empatar, ata con Claudia de porteira xogadora, pero Anita Luján selou a vitoria e o pase á final marcando o definitivo 3-5.


José Venancio López. O seleccionador absoluto da selección española estará presente na final da XX Copa de España que deparará unha final madrileña entre AD Alcorcón e Atlético de Madrid Navalcarnero que se disputa en Vista Alegre mañá domingo día 8, ás 12.00 horas e que se poderá seguir en directo en streaming en www.burelafs.org con Pasión Media Comunicación.

Ficha técnica

Burela Pescados Rubén: Jozi, Claudia, Bea Mateos, Daniela, Peque -cinco inicial- Maite, Lara, Lidia.

Atlético de Madrid: Belén, Ju Delgado, Leti, Anita Luján, Cristina -cinco inicial- Natalia, Rosana, Rocío Sevilla,

Goles: 0-1, m.4, Leti; 1-1, m.9, Claudia; 2-1, m.26, Bea Mateos; 3-1, m.32, Daniela; 3-2, m.34, Ju Delgado; 3-3, m.39, Ju Delgado; 3-4, m.45, Rocío Sevilla.

Árbitros: Martínez Torres e Sierra Márquez de Pontevedra. Tarxeta amarela no Burela a Peque, Claudia, Lidia. No Atlético a Leti, dobre amarela, expulsada minuto 23, amarela a Ju Delgado, Rosana.

Incidencias: Segunda semifinal da XX Copa de España Burela 2014 disputada no pabellón Vista Alegre. 900 espectadores. Gardouse un minuto de silencio en memoria de Félix Aranda, fundador e vicepresidente do Atlético de Madrid, recientemente falecido.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores