Noticias
7 de xuño de 2014
Alcorcón alcanza a final nos penaltis ante o Universidade de Alicante
O Alcorcón é o primeiro finalista da XX Copa de España Burela 2014 tras vencer na tanda de penaltis ao Universidade de Alacante. O encontro foise animando co paso dos minutos xa que as xogadoras acusaron os nervios iniciais propios da competición.
Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura Fotografía: A Caixa Escura
Intensidade, entrega e varios intercambios de golpes pero as porteiras de ambas escuadras demostraron o seu alto nivel. Sen goles chegouse ao descanso e na continuación, máis do mesmo, sen un dominador do choque chegouse aos instantes finais. O gol deixábase querer por alicantinas e alfareras pero non se chegaba ao paso definitivo. E sen movementos no marcador finalizou a semifinal. Na prórroga, o choque abriuse definitivamente, a meta alicantina Miriam detivo un penalti a Vadillos, minuto 42, e a gran ocasión das valencianas estivo nas zapatillas de Amelia pero o pau impediu que lograse o seu obxectivo. Na segunda parte da prórroga estreouse o marcador, o Universidade de Alacante golpeou primeiro por mediación de Andrea pero as alfareras non se renderon. Andrea empatou o partido e levou o pase á final cara ao punto de penalti.

Ficha técnica

AD Alcorcón: Miriam, Vadillos, Orive, Isa, Lara -cinco inicial- Andrea, Soldevilla, Leire, Desi.

Universidade Alacante: Toñi, , Andrea, Txitxo, Pao, Amelia -cinco inicial- Castelló, Mónica, Noe,

Goles: 0-1, m.47, Andrea; 1-1, m.49, Andrea.

Penaltis
AD Alcorcón: Soldevilla, gol. Lara, gol. Orive, gol. Vadillos, gol. Isa García, gol.
Universidade de Alacante: Txitxo, gol. Amelia, fallo. Andrea, gol, Mónica, gol.

Árbitros: González Armada, Menéndez Nistal. Colexio de Pontevedra e Viveiro. Tarxeta amarela a Pao do Alacante e a Lara e Castelló de Alcorcón.

Incidencias: Primeira semifinal da XX Copa de España Burela 2014 disputada no pavillón Vista Alegre. 600 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores