Noticias
6 de xuño de 2014
Sigue en directo aquí a XX Copa de España Burela 2014 con Pasión Media Comunicación
Vista Alegre gozará da XX Copa de España de Fútbol Sala Feminino durante este fin de semana, 7 e 8 de xuño, na que se reúnen os catro mellores equipos da Primeira División cun único obxectivo. Conquistar a Copa 2014. O sorteo deparou que o vixente campión e anfitrión, o Burela FS Pescados Rubén se enfronte ao actual campión de Liga, Atlético de Madrid Navalcarnero, mentres que o Universidade de Alacante medirá á AD Alcorcón FSF. Dúas semifinais de alto nivel que farán as delicias dos espectadores que acudan ao feudo laranxa.

Emisión en directo por Internet. A competición pódese seguir vía streaming a través da web do Burela FS Pescados Rubén, www.burelafs.org , grazas á inestimable colaboración de Pasión Media Comunicación www.Pasionmc.com. Óscar Arcones, redactor da web Mundosala será o narrador e estará acompañado pola polifacética xornalista, Alba Adá, de Futsal Cope Radio. Víctor Durán, de Pasión Media Comunicación, sera o operador de cámara.


 


Para seguir en directo a Copa de España pincha aquí


  


Coche Oficial da Copa de España. Peugeot será o vehículo oficial da Copa de España por xentileza de Peugeot Pomeda, taller con servizo oficial da marca na Mariña Lucense. Serafín Fraga Otero, xerente, e Vicente Fraga Otero, xefe de vendas fixeron entrega de 2 Peugeot 308, elixido mellor coche do ano 2014, á organización para o seu uso durante a Copa de España.  


Entradas Copa de España. Venda no pavillón Vista Alegre de Burela a partir das 15.30 horas. Bono para os tres partidos: Infantil (0-16 anos): 3 euros Adulto ( 16 anos): 10 euros. Entrada para a final: 5 euros.


Medalla de Ouro. O Concello de Burela impoñerá a Medalla de Ouro do Concello ao Burela FS Pescados Rubén polos méritos deportivos logrados durante a tempada 2012/2013, en especial pola consecución do histórico doblete de Liga e Copa do equipo feminino. O acto celébrase mañá sábado día 7, ás 12.30 horas, no Auditorio Municipal de Burela.


Fútbol Sala na rúa. Na praza da Mariña, á beira da Casa da Cultura de Burela, desenvolveranse diferentes actividades relacionadas co Fútbol Sala , fútbol 3x3, portería hinchable, futbolín, etc...


Competición. Os horarios de competición son os seguintes:


Sábado 7 de xuño


Semifinal 1: AD Alcorcón FSF - CD Universidade de Alacante


Hora: 16.30 Pabellón: Vista Alegre de Burela


Semifinal 2: Burela Pescados Rubén - Atlético de Madrid Navalcarnero


Hora: 18.30 Pabellón: Vista Alegre de Burela


Domingo 8 de xuño


Final: Ganador semifinal 1 - Ganador semifinal 2


Hora: 12.00 Pabellón: Vista Alegre de Burela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores