Noticias
28 de febreiro de 2014
O Burela FS B viaxará moi minguado á pista do Coruxo
Foto: A Caixa Escura Producións

O Burela FS Pescados Rubén B, pelexando con Troula e A Estrada pola quinta praza, viaxa esta semana para medirse a outro dos cocos de Terceira, o Concello de Vigo IES Coruxo, segundo clasificado, que pelexa por arrebatarlle o cumio ao Leis Pontevedra, cun tan só un punto de desvantaxe. Aos mariñáns presentáselles unha xornada complicada non só pola entidade do rival senón tamén pola escaseza de efectivos. O municipal das Travesas de Vigo acollerá o encontro mañá ás 16.00 horas.


Lucas seguirá sen poder contar con Antón Couto, xa na recta final na recuperación da súa lesión de clavícula; Manu tampouco poderá participar, por unha escordadura leve de xeonllo; ademais Carlitos e, como novidade, Hélder estarán baixo as ordes de Juanlu para a cita de Primeira LNFS, ante o Ríos Renovables (sábado, 18.30 horas).


A pesar das dificultades, o técnico burelista móstrase con certo optimismo: “Estaremos moi limitados pola amplitude de efectivo, pero xa demostramos na primeira volta que é un rival que se nos pode dar ben” puntualizaba Lucas, facendo referencia ao 7-2 da bomboneira. “É un equipo ao que lle gusta xogar de ti a ti, que presiona e desprega un xogo aberto coma nós; o seu planteamento pode favorecernos” adiantaba o adestrador.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores