Noticias
25 de febreiro de 2014
O Burela FS recibe o universo Galipizza&Cia
Foto: A Caixa Escura Producións

O xerente de Franquicia Galipizza, José Manuel Vázquez, visitou hai uns días Vista Alegre para presenciar un dos adestramentos do equipo laranxa de Primeira RFEF acompañado do presidente do club, Manuel Blanco Fanego.


José Manuel Vázquez puido coñecer máis de preto a preparación e dinámica do actual campión de Liga e Copa de España, polo que a empresa Galipizza&Cia aposta co seu patrocinio dende comezos de tempada, e compartir inquedanzas, obxectivos e soños futbolísticos con xogadoras e corpo técnico.


Dende A Mariña, con sede en Viveiro e Ribadeo, Galipizza comezou a súa expansión coa súa nova casa en Culleredo (A Coruña), que tivo unha excelente acollida para esta nova e deliciosa visión da pizza. Galipizza basea o seu éxito na calidade da materia prima de Galicia, para fusionala con novos produtos presentando sabores orixinais que enxalzan a variedade e riqueza da gastronomía autóctona.



En www.galipizza.com descubrirás o apetitoso universo de Galipizza&Cia.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores