Noticias
24 de febreiro de 2014
Pulo cara ao podio de Terceira para o Burela FS B

O Burela FS Pescados Rubén B recolleu tres importantísimos puntos o sábado na visita do líder a Vista Alegre. A escuadra laranxa conseguiu impoñerse por 2-0 ao Leis Pontevedra FS, un resultado que lle permite seguir aspirando ao podio de Terceira.


A bomboneira viviu unha cita intensa e rifada, cun bo comezo do Burela FS B, que conseguiu dominar sobre a pista nos primeiros minutos e se adiantou no marcador por mediación de Manu, minuto 13. Con 1-0, o Leis cambiou de marcha e o encontro igualouse; ambos os conxuntos tiveron ocasións, aínda que sen fortuna para culminar.


Na continuación, o partido mantivo o mesmo rexistro, alternativas no dominio e ocasións que non se materializaban. No treito final, o cadro de Lucas  chegou coa exigua renda de 1-0 e o Leis decidiu apostar polo xogo de cinco, no minuto 35. Defendeu ben o acoso pontevedrés o Burela Pescados Rubén B e Antón González, con calidade e intelixencia, aproveitou un roubo para sentenciar o partido establecendo o 2-0 final no último minuto.


O vindeiro sábado, os da Mariña terán outra dura proba na súa tentativa de escalada; desprazaranse á pista do Concello de Vigo IES Coruxo, segundo clasificado.



Ficha técnica


Burela Pescados Rubén B: Brais, Bruno, Keko, Alemán, Manu –cinco inicial- Hélder, Antón González, Pancho e Javi.


Leis Pontevedra FS: Chenlli, Pocho, Carlos, Sergio, Iván –cinco inicial- Pablo Durán, Gus, Sergio II, Dani e Barcala.


Goles: 1-0, m.13, Manu; 2-0, m.39, Antón González


Árbitros:  Amor Vizoso // Pena Pereira (Ferrol)

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores