Noticias
15 de febreiro de 2014
Triunfo contundente das burelistas sobre As Burgas (0-7)

O CD Burela FS Pescados Rubén resolveu o seu segundo derbi galego da segunda volta con contundencia. A escuadra de Quico Otero non tivo demasiadas complicacións para impoñerse esta tarde sobre ao Cidade das Burgas, cun claro 0-7, con hattrick goleador da pichichi mariñá, Peque, e dobrete da meta Jozi.


As laranxas saltaron á pista dos Remedios para facer fronte a un rival moi pechado, á expectativa. Aos poucos as filas burelistas atoparon os ocos idóneos para comezar a mover o electrónico. Así, no minuto 9, Peque inaugurou con 0-1 cun belísimo disparo desde os dez metros que se coou pola escuadra. Bea Mateos completou a feitura goleadora da primeira parte para o Pescados Rubén no 16, aproveitando un rexeite da porteira ourensá a lanzamento de Cris.


Tras o descanso, as locais mantiveron as súas posicións sen intención de efectuar saídas sobre a pista laranxa. No minuto 29, Peque volveu atopar a rede das Burgas tras un cortar un pase das ourensás e colocarse soa ante a meta rival. Tan só un minuto despois a pichichi do Burela FS culminou o 0-4, asistida por Lidia, tras un saque rápido de Jozi. No minuto 36 o Cidade intentou frear as embestidas das mariñás co xogo de cinco, pero os seus desexos chocaron coa realidade. En poucos segundos, a gardameta Jozi anotou o 0-5 a porta baleira. O conxunto das Burgas pelexou ata o final sen xerar perigo. Xa na recta final Lidia e Jozi volveron atopar gol en porta baleira, completándose o definitivo 0-7. As burelistas cumpriron o obxectivo para seguir á caza do líder.


Con 46 puntos, deberán esperar a mañá para ver qué pasa co duelo directo entre Atlético de Madrid Navalcarnero (47) e Ciudad de Alcorcón (43).


Ficha técnica


Cidade das Burgas FS: Ana, Natalia, Sonia, Iria e Nerea, cinco inicial; tamén xogaron Candela, Elvira, Antía, María Arias e Elena


Burela FS Pescados Rubén: Jozi, Peque, Bea Mateos, Claudia e Daniela, cinco inicial; tamén xogaron Lidia, Cris e Silvia


Goles: 0-1, minuto 9, Peque; 0-2, minuto 16, Bea Mateos; 0-3, minuto 29, Peque; 0-4, minuto 30, Peque; 0-5, minuto 36, Jozi; 0-6, minuto 39, Lidia; 0-7, minuto 39, Jozi


Árbitros: Andrés Fernández // Miguel Ángel Restejo (Ourense)


Tarxetas: Por Cidade das Burgas amarelas a Sonia e Candela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores