Noticias
13 de febreiro de 2014
Venda anticipada para a Copa do Rei: Burela FS-Ríos Renovables (martes 18, 20.30 horas)

O Burela FS Pescados Rubén volve á competición por todo o grande. Tan só tres días despois de retomar a liga de Primeira, co Umacón Zaragoza (sábado 15, 18.30 horas, Vista Alegre), o cadro de Juanlu agasallará a bancada laranxa cos cuartos da Copa do Rei; enfronte terá o Ríos Renovables, rival directo en competición ligueira. O partido do martes 18 (20.30 horas) contará coa presenza do seleccionador nacional, José Venancio López Hierro.


O club mariñán xa abriu a venda anticipada para a trepidante cita copeira. Ata o martes a mediodía, todas as persoas interesadas poderán adquirir as súas entradas na sede CD Burela FS Pescados Rubén (Horario de atención ao público: de luns a venres, 10.00-14.00 // 16.00-19.00); tamén estarán dispoñibles o sábado 15, en Vista Alegre, coincidindo co encontro da 21ª xornada de Primeira LNFS.


 


PREZOS PARA SOCIOS



Adultos: 3 euros
Menores de 18 anos: 1 euro



PREZOS PARA NON SOCIOS
 
Adultos: 12 euros
Menores de 18 anos: 2 euros

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores