Noticias
10 de febreiro de 2014
O Burela FS queda co derbi nunha segunda parte de remontada
Foto: A Caixa Escura Producións

O derbi mariñán de Vista Alegre, entre o Burela FS Pescados Rubén B e o Superti A Pontenova, do sábado quedou na casa tras unha eficaz segunda parte dos laranxas que conseguiron remontar un 0-2 desfavorable e anotar o gol do triunfo a dous minutos para o final.


O Superti soubo beneficiarse da primeira parte con dobrete de Santi. Xa no minuto 2 o xogador pontenovés culminou un balón tras un malentendido entre Hélder e Alemán; no minuto 11, o 0-2 subiu ao electrónico en contraataque.


Con 0-2, o Burela FS B rearmouse para a súa volta á pista no segundo período. Antón González aproveitou un centro dende parede en banda para reducir distancias no minuto 23. O empate chegou no 29, nun contragolpe que rematou Keko. A dous minutos para o final Hélder, en xogada individual, proporcionoulle a vitoria e os tres puntos ao Burela FS B.


 


Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Keko, Alemán, Bruno e Hélder, quinteto inicial; tamén xogaron Carlos, Antón González, Pancho, Xoel e Javi


Superti A Pontenova: César, Marcos, David Quintela, Santi e Josiño, quinteto inicial; tamén xogaron Pablo, Diego Lamas e Miguel


Goles: 0-1, minuto 2, Santi; 0-2, minuto 11, Santi; 1-2, minuto 23, Antón González; 2-2, minuto 29, Keko; 3-2, minuto 38, Hélder


Árbitros: Rivas Fouz // Naray Álvarez (Viveiro)


Tarxetas: Por Superti, amarela a Santi

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores