Noticias
7 de febreiro de 2014
As laranxas estrean a segunda volta na casa con duelo galego

O Burela FS Pescados Rubén estrea a segunda volta na casa coa visita do Valdetires Ferrol FS. O novel rival, penúltimo (11 puntos), abre o recital de duelos galegos para as laranxas tras superar o ecuador de Primeira RFEF. Vista Alegre acollerá o encontro mañá no seu horario habitual, 18.30 horas.


“Estamos obrigadas a conseguir os tres puntos se queremos seguir detrás do líder, sobre todo sendo na casa e cun rival que teoricamente está por debaixo” insistía o técnico mariñán, Quico Otero, que espera “un rival aguerrido, capaz de sumar en calquera pista”. “Vén de completar un bo encontro co UA Alicante cunha derrota axustada (1-2) e despois de impoñerse en derbi ao Cidade das Burgas (2-1). Polo menos mentres non se desgaste pode facer dano” advertía o viveirense. “Debemos imprimir moita presión e empregar as nosas armas, como mellor sabemos, para completar a finalización” expoñía o adestrador.


O cadro mariñán concluirá mañá pola mañá a prepación de cara á 17ª xornada con sesión de vídeo. Xunto á ausencia de novísima Paula, Quico Otero contará coa seria dúbida de Maite, por unha escordadura de nocello.


Na primeira volta os tres puntos subiron á cuadrícula burelista, con 2-4.


Ollo ao podio. O líder, Atlético de Madrid Navalcarnero (44 puntos), recibirá o Orvina (13º, 13 puntos) e o Ciudad de Alcorcón, empatado a  40 puntos co Pescados Rubén, visita o Rioja FSF (6º, 25 puntos).


 

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores