Noticias
3 de febreiro de 2014
Excesivo castigo para os burelaos na pista da Estrada (4-0)

O Burela FS Pescados Rubén B truncou a súa boa senda na pista da Estrada FS o sábado pasado caendo por 4-0, un excesivo castigo para os laranxas que pagaron moi caro os seus erros.


Nunha primeira parte equilibrada, os mariñáns marcharon ao descanso cun electrónico desfavorable de 2 goles (minutos 11 e 12) despois de dous fallos inxenuos en defensa.


Con 2-0, o cadro de Lucas intentou a remontar nun segundo período tenso. En dúas contras, minutos 21 e 26, os locais conseguiron pechar o partido.


 


Ficha técnica


A Estrada FS: César, Kinso, Rafa, Fabián e Marcos, no cinco inicial; tamén xogaron Moco, Charly, Rebo, Sergio, Toje e José Ramón


Burela FS Pescados Rubén B: Javi, Keko, Manu, Antón González e Alemán, no cinco inicial; tamén xogaron Carlos, Hélder, Pancho, Xoel e Aitor


Goles: 1-0, Charly, minuto 11; 2-0, Rebo, minuto 12; 3-0, Charly, minuto 21; 4-0, Moro, minuto 26


Árbitros: Xoel Castro // Miguel Ángel Araújo (Pontevedra)


Tarxetas: Pola Estrada FS, foi expulsado Fabián e, por Burela FS, Manu, ambos os dous por dobre amoestación amarela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores