Noticias
30 de xaneiro de 2014
Derbi provincial no final da Liga Nacional Xuvenil

O CD Burela FS Pescados Rubén despedirá a Liga Nacional Xuvenil este domingo en Vista Alegre con derbi provincial. Dende unha cómoda terceira praza (30 puntos) os laranxas intentarán facer os deberes ante o Vilalba FS para non renunciar ás súas posibilidades de finalizar en segunda posición. Azkar Lugo FS (33 puntos) intentará facerse co título de campión ante O Esteo FS; empatado a puntos cos transportistas o Santiago Futsal medirase a ADFS Bueu.


Nos primeiros compases da segunda volta de Autonómica, os cadetes recibirán o ADFS Bueu o sábado ás 17.00 horas e os infantís enfrontaranse aos Meigallos FS ás 18.30.


A xornada de Deporte Escolar concéntrase na mañá do sábado, cos cadetes e infantís laranxas como locais e os alevíns e benxamíns lonxe da casa, nas terras do Landro.


Na Liga de Imdecum, o Prebenxamín 1 pechará a primeira volta o domingo coa EDM Cervo (Vista Alegre, 10.00 horas)


Visita da Selección Galega. O conxunto xuvenil laranxa de Liga Provincial protagonizará hoxe un amigable en Burela coa visita da Selección Galega Cadete, cos metas laranxas Aarón e Noé vestidos de branco e azul. Vista Alegre acollerá o partido ás 18.30 horas.



Liga Nacional Xuvenil


CD Burela FS-Vilalba FS
Domingo 2 de febreiro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Cadete


CD Burela FS-ADFS Bueu
Sábado 1 de febreiro, ás 17.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Infantil


ED Burela FS-Os Meigallos FS
Sábado 1 de febreiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Deporte Escolar


EDM Riotorto Cadete- CD Burela FS Cadete A
Sábado 1 de febreiro, ás 11.30 horas, no pavillón municipal de Riotorto


CD Burela FS Cadete B-CFS Cidade de Viveiro Cadete
Sábado 1 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


ED Burela FS Infantil A-ED Burela FS Infantil C
Sábado 1 de febreiro, ás 11.00 horas,no pavillón Vista Alegre de Burela


ED Burela FS Infantil B-ACD Xove Infantil (aprazado)


Escolas Celeiro Xove FS Alevín B-ED Burela FS Alevín
Sábado 1 de febreiro, ás 10.15 horas, no pavillón de Celeiro


AD Praia de Covas Benxamín-ED Burela FS Benxamín
Sábado 1 de febreiro, ás 11.30 horas,no pavillón Anxo Tarrío de Viveiro


Liga Prebenxamín da Mariña


ED Burela FS-EDM Cervo (Prebenxamín 1)
Domingo 2 de febreiro, ás 10.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Amigables


CD Burela FS Xuvenil Provincial-Selección Galega Cadete
Xoves 30 de xaneiro, ás 18.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores