Noticias
27 de xaneiro de 2014
Regreso ao traballo

O Burela FS Pescados Rubén volveu hoxe ao traballo coincidindo co descanso da liga pola UEFA Futsal 2014 Amberes. A programación desta semana para o equipo laranxa contemplará dobre sesión diaria ata o venres, 31, alternando os adestramentos técnicos-tácticos de Vista Alegre cos físicos do ximnasio Breogán e o complexo deportivo da Marosa.


Juanlu puido dispoñer do vestiario ao completo, a excepción de Hugo, que comezará a mediados de semana co traballo individual de recuperación tras a recente intervención de menisco.


Copa Galicia. O próximo destino dos burelaos, antes de reincorporarse á dinámica competitiva de Primeira LNFS, serán os cuartos de final da Copa Galicia. O equipo de Juanlu visitará a pista ferrolá do Parrulo o vindeiro martes, 4 de febreiro (20.00 horas, A Malata).

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores