Noticias
26 de xaneiro de 2014
O Burela cae derrotado por 5-2 en Alcorcón
O Burela Pescados Rubén regresa de vacío da súa visita a Santo Domingo onde caeu derrotado (5-2) polo Alcorcón nun choque de máxima intensidade. Este triunfo permite ao conxunto madrileño manterse na carreira polo título no que, finalizada a primeira volta, o Atlético de Madrid (41 puntos) ten vantaxe de catro puntos sobre as burelesas e alfareras.

O encontro comezou co Alcorcón coas revolucións ao máximo, sorprendendo a un Burela que aos cinco minutos víase cun desfavorable 2-0, minuto cinco de xogo. Aos poucos, as mariñanas lograron pillar o ritmo que esixía o choque e cun gol de Daniela recortaron diferenzas, 2-1 no minuto dez. A escuadra local pagou a súa alta intensidade co bono de faltas cando aínda restaba moito para o descanso pero o Burela non foi capaz de materializar as cinco oportunidades que se lle presentaron desde o dobrepenalti. Malia iso, a escuadra laranxa conseguiu equilibrar o marcador (2-2) por mediación de Lidia no minuto 18, neutralizando o arranque fulgurante alfarero.


 


O golpe que danou a liña de flotación laranxa chegou xusto antes do descanso cando Vadillo, nunha xogada clásica de pivot, virouse e bateu a Jozi establecendo o 3-2 co que se chegou ao tempo de asueto. Na segunda parte, as madrileñas asestaron un novo golpe co 4-2, logrado por Desi no minuto 25. O Burela Pescados Rubén comezou a desdibuxarse ante un Alcorcón que manexou ben a súa renda e no último suspirou completou a súa vitoria co 5-2, obra nuevamente de Vadillo.



Ficha técnica


AD Alcorcón FSF: Eva, Vadillo, Desiree, Vadillo, Natalia, Leire –cinco inicial- Miriam, Andrea, Sandra, Lorena, Paloma, Lara.


 


Burela Pescados Rubén: Jozi, Lidia, Peque, Maite, Bea Mateos –cinco inicial- Lara, Claudia, Daniela.


 


Goles: 1-0, m.3, Desiree; 2-0, m.5, Lara; 2-1, m.10, Daniela; 2-2, m.18, Lidia; 3-2, m.20, Vadillo; 4-2, m.25, Desiree; 5-2, m.40, Vadillo.


 


Árbitros: Javier Díaz, Ángel Gómez. Madrid. Cartón amarelo a Lara, Andrea e Desiree no Alcorcón.  No Burela expulsou a Maite, dobre amarelo, e a Marcelo Santoro (auxiliar).  Tamén viron cartón amarelo Jozi, Lara e Bea Mateos.


 


Incidencias: Partido correspondente á xornada 15 de Primeira División, disputado no pavillón de Santo Domingo de Alcorcón. 500 espectadores.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores