Noticias
25 de xaneiro de 2014
Madrid e Murcia loitarán polo cetro nacional
A semifinais do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17 que se celebra en Burela ofreceron un gran espectáculo en Vista Alegre, que superou os 400 espectadores. Intensidade, emoción, xogadas de calidade, auténticos golazos e numerosos detalles de calidade evidenciaron que o futuro do Fútbol Sala español feminino está asegurado. As selección de Madrid e Murcia disputaránse o cetro nacional o domingo 26, a partir das 12.00 horas en Vista Alegre.
Fotografía: A. Baltar Fotografía: A. Baltar Fotografía: FGF

Galicia e Rexión de Murcia amosaron desde moi pronto a súa candidatura á final para acompañar a Madrid, vencedora no primeiro duelo (4-1) ante A Rioxa. Sen especular, galegas e murcianas xogaron un encontro de poder a poder no que o acerto das porteiras impediu que o marcador se movese durante o primeiro periodo.


Na segunda parte desatáronse completamente a hostilidades cun ritmo frenético en ambas escuadras. Murcia abriu o marcador nos primeiros compases por mediación de Pepa que comezou o seu recital, marcou os 4 goles murcianos, pero inmediatamente chegou a resposta galega. María Romero nunha nova mostra da súa tremenda clase e calidade conseguiu o 1-1, tras un potente zurdazo que fulminou a meta murciana.


Sen apenas respiro, Candea aproveitou a súa verticalidade e logrou situar a Galicia por diante no marcador (2-1). Tralo intenso intercambio de golpes o encontro entrou nunha dinámica máis tranquila ata que emerxeu a figura de Pepa. A murciana respondeu ao envite galego cun potente e inapelable disparo que igualaba a contenda (2-2).


O xogo transcorría sen un claro dominador cara ao desenlace final e unha vez máis apareceu Pepa en escena destilando o seu tarro das esencias. Nunha acción individual marcaba o 2-3, minuto 36, que obrigou a Galicia a apostar polo xogo de cinco. Non lograban as galegas a igualada e Pepa acaparou todo o protagonismo cun cuarto tanto (2-4) sentenciando o encontro e guiando a Murcia á gran final.


 


Semifinal Madrid-A Rioxa. Na primeira semifinal, Madrid impúxose con claridade (4-1) á Rioxa grazas á súa maior efectividade na definición. O duelo camiñou pola senda da igualdade a pesar do tanto logrado Sofía que adiantaba a Madrid no minuto seis. Co 1-0 mantívose a dinámica e ambas seleccións xeraban perigo ao seu rival pero sen acerto na definición. Con este marcador chegouse ao descanso e na continuación as madrileñas demarraron nada máis empezar con dous goles, asinados por Hova e Paula Llorente (3-1).


A once para o final, A Rioxa intentou cambiar o devir do choque con porteira xogadora aínda que o 3-1 chegou nunha contra que Ángela definiu con determinación. Madrid soubo defender a súa renda e redondeou nos últimos segundos o seu pase á final co 4-1 logrado por Paula Llorente.

Documentos relacionados:
103 KB
Cuadro de competición
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores