Noticias
23 de xaneiro de 2014
Galicia, Rioxa e Murcia acadan a vitoria na xornada inaugural
A primeira xornada do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fúbol Sala Feminino Sub 17 que se celebra en Burela, resolveuse con tres vitorias para a Rexión de Murcia, A Rioxa e Galicia que pechou a xornada inaugural.
Fotografía: A. Baltar
En Vista Alegre, Catalaluña e Rexión de Murcia - grupo B- abriron o Campionato con un partido no que as murcianas levaron a iniciativa ata o tramo final no que as catalás reacciaron ante o 0-2, favorable ás pimentoneiras. Cataluña rondou o gol en varias ocasións pero non recortou distancias (1-2) ata verse en superioridade numérica. A emoción non tivo moito percorrido xa que Murcia sentenciou co 1-3 definitivo.

No segundo envite, enfrontáronse A Rioja e Cantabria -grupo C- nun duelo que as rioxanas marcaron o ritmo e mostráronse superiores ás cántabras que resistiron ata o descanso o marcador inicial. Na continuación, A Rioxa logrou o 1-0 nada máis empezar desde o punto de penalti, encarrilando un choque que acabarían gañando por un cómodo 3-0.

No grupo A, Galicia e Aragón pecharon a xornada ofrecendo un partido intenso e emocionante ata o pitido final. As galegas levaron o peso dun choque no que as aragonesas pechaban ben os espazos e encomendáronse ao contragolpe para xerar perigo. Tras varias oportunidades, Galicia logrou o 1-0, minuto 12, tras unha boa combinación que en primeira instancia desbaratou a meta aragonesa que non puido impedir o gol de María Romero moi atenta ao rexeite. Cando se presaxiaba unha vitoria parcial do combinado galego, Aragón sorprendeu co empate a oito segundos do descanso. Tras un saque en longo de Izarbe, Belén gañou as costas das galegas e estableceu o 1-1.

Na continuación, as galegas mantiveron a iniciativa pero sería nun contragolpe no que Candela marcou o 2-1. Aragón chegaba con pouca asiduidade á meta galega pero facíao con perigo mentres que Galicia, mostrando escintileos de gran calidade, non conseguía pechar o encontro malia as súas oportunidades. Nos minutos minutos finais Galicia soubo conter o empuxe final das aragonesas e adxudicarse a vitoria.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores