Noticias
22 de xaneiro de 2014
A Liga descansa e España afronta un novo desafío continental
O Burela Pescados Rubén tómase un respiro competitivo debido ao parón da Primeira División LNFS motivado pola Eurocopa 2014. A selección española afronta en Bélxica, do 28 de xaneiro ao 8 febreiro, un novo desafío en defensa do cetro europeo conquistado por España en Croacia 2012, baixo a dirección de José Venancio López. España aspira a manter, unha vez máis, o seu reinado europeo xa que é a selección con máis títulos (6) e en Amberes quere conquistar o quinto título de Campión de Europa consecutivo.
Fotografía: RFEF
O Burela Pescados Rubén gozará dunha semana de descanso activo desde o 20 ata o 27 de xaneiro, data na que reiniciarán os adestramentos. Os pupilos de Juanlu Alonso retomarán a competición o martes 4 de febreiro, 20.00 horas, coa eliminatoria -partido único- ante o O Parrulo Ferrol, encontro de cuartos de final da Copa Xunta. O sábado 15 de xaneiro reiniciarán a competición liguera en Vista Alegre, 18.30 horas, ante o Umacón Zaragoza. Copa do Rei. O martes 18 de febreiro o Burela Pescados Rubén recibe ao Ríos Renovables Ribera Navarra en Vista Alegre, 20.30 horas, choque correspondente á eliminatoria -partido único- de cuartos de final da Copa do Rei.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores