Noticias
22 de xaneiro de 2014
O tridente máis demoledor de Primeira
Peque, Lidia e Maite repártense case o 80% dos tantos do Burela Pescados Rubén e xa marcaron máis goles que 9 dos 16 equipos que compiten na máxima categoría. Ningún equipo da Primeira División feminina conta cun tridente tan demoledor como o que forman Peque, Lidia Mesías e Maite no Burela Pescados Rubén.

Entre as tres marcaron 46 dos 60 goles anotados polo equipo laranxa nos 14 partidos disputados. Peque leva 25; Lidia, 11; e Maite, 10. Sumando a achega realizadora destas tres xogadoras, o resultado é superior á cifra goleadora que presentan máis da metade dos 16 equipos na máxima categoría: Vallirana (23), Orvina (25), Soto do Real (28), Amarelle (29), Rioja (29), Valdetires (29), Gironella (30), Móstoles (31) e As Burgas (35).

Peque encabeza o ránking das mellores goleadoras de Primeira. Marcou en 11 dos 14 partidos disputados e nos seis últimos promedia case tres tantos por encontro. Fíxolle un gol ao Orvina, catro ao Gironella e ao Roldán, tres ao Móstoles e dous ao Poio e ao Ponte Ourense.

Fonte: La Voz de Galicia - A Mariña
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores