Noticias
21 de xaneiro de 2014
Burela disfrutará do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub 17
Burela é a sede do Campionato de España de Seleccións Territoriais de Fútbol Sala Feminino Sub-17, evento que se celebra desde o 22 ao 26 de xaneiro. Durante cinco días a localidade mariñana será testemuña das evolucións das novas promesas do Fútbol Sala español. Esta competición de ámbito nacional está organizada pola Real Federación Española de Fútbol, a Federación Galega de Fútbol, ademáis do Concello de Burela e o CD Burela FS Pescados Rubén como anfitrións do evento.
Fotografía: J.M. Álvez del Diario El Progreso A Mariña

A presentación do Campionato de España realizouse hoxe, martes día 21, no Salón de Plenos do Consistorio Municipal de Burela. Na presentación estiveron presentes numerosas autoridades nun acto presidido polo Alcalde de Burela; D. José María González Barcia que manifestou que “este evento demostra, unha vez máis, o compromiso de Burela co deporte base e, en concreto, co Fútbol Sala”, o Secretario Xeral para ou Deporte da Xunta de Galicia; D. José Ramón Lete Lasa que destacou que “Galicia é a meca do Fútbol Sala con tres clubes masculinos e seis femininos na máxima categoría e Burela é o centro neurálxico deste deporte con dous equipos; masculino e feminino, en Primeira División”; o Presidente do Subcomité dos Campionatos de España de Seleccións Autonómicas no CNFS da RFEF; D. Gonzalo de Azkárate-Gaztelu y Suárez que resaltou “a importancia de conseguir un acordo dentro da Federación Galega de Fútbol no que converxen e se potencian os intereses do Fútbol Sala de Galicia. Unha proba evidente do beneficio desta unión interna apréciase en que podemos gozar da celebración dun evento de magnitude nacional na capital do Fútbol Sala de base galego, como é Burela"; e o Vicepresidente da Federación Galega de Fútbol; D. Ángel Antonio Fernández Lendoiro que celebrou que “Burela sexa a sé deste Campionato de España xa que é un referente nacional do Fútbol Sala. Desde a Federación Galega de Fútbol estamos tremendamente orgullosos e honrados de colaborar coa Real Federación Española de Fútbol na organización deste evento”.


 


Outras autoridades presentes no acto inaugural do Campionato de España foron o Delegado de Deportes en Lugo da Xunta de Galicia; D. Manuel Otero Méndez, o Tenente Alcalde do Concello de Burela; D. Manuel Fernández Vale; o directivo da Federación Galega de Fútbol; D. José Luís Sáez Castro, o directivo do CD Burela FS Pescados Rubén; D. Rubén Blanco Fernández; a Concelleira de Deportes do Concello de Burela; Dna. Beatriz Piñeiro López; o Concelleiro de Deportes do Concello de Cervo; D. Luís A. Guillén Menéndez; e os membros da corporación municipal de Burela; D. Alfredo Llano García e Dna.Remedios López Villar (PSOE), e D. Mario Pillado Mon (BNG)

Documentos relacionados:
266 KB
Cartel Campeonato_Esp_FSF_Sub17
Realizado por: A Caixa Escura
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores