Noticias
21 de xaneiro de 2014
Comeza a conta atrás para Hugo
Durante a mañá de hoxe, martes 21, o xogador do Burela Pescados Rubén recibiu a alta no Hospital Polusa de Lugo, onde foi operado onte, luns día 20, do menisco do xeonllo dereito logo de sufrir un choque fortuíto durante o adestramento do martes día 14 de xaneiro . Hugo manifestou que “anímicamente estou moi ben, todo saíu perfectamente e teño moitas ganas de seguir dando pasos para volver xogar e axudar ao equipo”.

A operación, realizada polo traumatólogo; José Antonio López, foi un éxito e Hugo Bernárdez comeza a súa particular conta atrás para o seu regreso á pista. En cinco ou seis semanas Hugo poderá estar adestrando ao 100% segundo indicou José Antonio López, galeno encargado da operación. O propio José Antonio López, o doutor Javier Couce, a Clínica de Fisioterapia L2 e a fisioterapeuta do club, Lucía Neto supervisarán a súa recuperación para que Hugo regrese á pista en perfectas condicións. Ánimo Hugo!
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores