Noticias
20 de xaneiro de 2014
Hugo vai ser operado hoxe no Hospital Polusa de Lugo
O xogador do Burela Pescados Rubén, Hugo Bernárdez, vai ser operado hoxe, luns 20 de xaneiro, ás 17.00 horas no Hospital Polusa de Lugo. O galeno encargado de realizar a operación é o traumatólogo, José Antonio López.

Tras un golpe sufrido durante un adestramento, Hugo ten danado o menisco do xeonllo dereito e o tempo estimado da súa recuperación será valorado trala operación. A Clínica de Fisioterapia L2 de Burela e a fisioterapeuta do club; Lucía Nieto, velarán pola recuperación do xogador laranxa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores