Noticias
18 de xaneiro de 2014
O Burela Pescados Rubén recibe a un Lacturale Orvina en horas baixas
O Burela Pescados Rubén mídese ao Lacturale Orvina, partido correspondente á xornada 14 da Primeira División. O choque entre galegas e navarras dispútase o sábado 18, ás 18.30 horas no pavillón Vista Alegre de Burela.
O conxunto dirixido por Quico Otero buscará sumar un novo triunfo para seguir na loita polo liderato, recuperado esta semana polo Atlético de Madrid tras vencer por 4-0 ao Móstoles no encontro aprazado da duodécima xornada. Únicamente un punto separa ás actuais campionas das colchoneiras que contabilizan 35 puntos.

Ante o Lacturale Orvina o Burela Pescados Rubén deberá “competir coa máxima concentración xa que é un rival máis perigoso como visitante que como local como así indican os seus números ata o momento. Dos 10 puntos sumados, 8 conseguiunos lonxe do seu feudo” sinalou o técnico laranxa, Quico Otero.

Malia que as pamplonicas perderon potencial esta tempada e a súa situación na clasificación, antepenúltimas con dez puntos, poida presaxiar un encontro sinxelo “debemos encarar o partido desde o respecto ao rival, como en todos os partidos. É un conxunto que ten gran actitude defensiva e esperarannos en 15 metros para usar o seu mellor recurso que é o contragolpe. Debemos ser pacientes e esixirnos xogar ao noso mellor nivel para lograr a vitoria” concluíu o preparador laranxa.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores