Noticias
11 de xaneiro de 2014
O derbi lucense queda na costa
O Burela Pescados Rubén vence e convence no derbi lucense co Azkar Lugo (4-1). O duelo comezou a inclinarse do bando local nos primeiros minutos. Vista Alegre, cun gran ambiente e cheo, celebrou con entusiasmo o 1-0 logrado por Matamoros, minuto 3, tras unha gran asistencia de Hugo.
Os bureleses saíron enchufados a un derbi de alta voltaxe con ambas escuadras presionando ao seu rival sen miramentos aínda que sen excesivas ocasións. Aos poucos, os bureleses tomaron as rendas do choque aínda que Edu tivo que intervir para evitar o empate transportista nunha das súas escasas chegadas. O segundo tanto laranxa facíase esperar e cando Isi encaraba a Mendiola este derríbao fora do área e é expulsado, minuto 18. O Burela Pescados Rubén dispoñía de superioridade numérica que non desaproveitou e Burrito marcou o 2-0 co que se chegou ao descanso.

No segundo acto, o dominio local foise incrementando co paso dos minutos ante un Azkar voluntarioso pero que non atopaba como meterse no derbi. O meta transportista, Óscar Iglesias, erixiuse en protagonista do seu equipo salvando as ocasións locais ata que Matamoros executou maxistralmente unha falta, ao bordo do área, por toda a escuadra.

A pesar do 3-0 os pupilos de Juanlu non se relaxaron e seguían con gañas de ampliar a súa renda cun Azkar que xa deixaba máis espazos. Nunha contra guiada por Juanma, Mimi asistiu ao segundo pau para que Iago Míguez materializase o 4-0, na semana da súa renovación. Diego Ríos xogou a carta do porteiro xogador e aínda que Jandri recurtou distancias (4-1) a vitoria burelesa no derbi lucense quedouse en Vista Alegre.

Ficha técnica

Burela FS Pescados Rubén: Edu, Mimi, Hugo, Matamoros, Antoñito -cinco inicial- Iago Míguez, Juanma, Burrito, Isi, Christian.

Azkar Lugo: Mendiola, Diego, Jandri, Alex Diz, Antonio Diz -cinco inicial- Chano, Cuco, Adrián, Óscar Igrexas, Zala, Cospe.

Goles: 1-0, m.3, Matamoros; 2-0, m.19, Burrito; 3-0, m. 27, Matamoros; 4-0, m. 32, Iago Míguez; 4-1, m.34, Jandri.

Árbitros: Gracia Marin, Munez Carpintero

Tarxetas: No Burela; amarela a Matamoros (m.18) No Azkar Lugo; tarxeta amarela a Antonio Diz (m.13), Óscar Iglesias (m.27), vermella directa a Mendiola (m.18).

Incidencias: Partido disputado no pavillón Vista Alegre de Burela correspondente á xornada 19 de Primeira División. 1400 espectadores.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores