Noticias
6 de xaneiro de 2014
Billete para semifinais con Lara de protagonista
Galicia acadou o seu billete para a Fase Final do Campionato de España de Seleccións Territoriais sub 21 con autoridade e solvencia tras derrotar a Cantabria (11-0) e ao País Vasco (13-0), logrando a primeira praza do grupo A. A xogadora burelesa; Lara Balseiro, marcou un gol no duelo ante as cántabras e fronte ao combinado vasco destapou a súa vena goleadora alcanzando a cifra dos 4 goles.

A selección dirixida por Manuel Castillo, realizou unha brillante fase na que venceron os dous encontros; marcando 24 goles e recibindo cero en contra, superando así a Cataluña (2 victorias, 16 goles a favor e 0 en contra). Tralo sorteo, Galicia medirase en semifinais á Comunidade de Valencia. A outra semifinal está protagonizada por Madrid e Cataluña.
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores