Noticias
2 de xaneiro de 2014
Aberto o prazo para os abonos de media tempada
O CD Burela FS Pescados Rubén activa a opción dos abonos de socio/a de media tempada para impulsar a Campaña de Soci@s 2013-14 coincidindo co comezo do ano 2014. ‘Este ano o sol volverá saír… Horizonte Laranxa’ nútrese do alento da sempre incondicional afección para que A Mariña siga gozando da maxia do fútbol sala na elite e por partida dobre.



Socios/as

Segundo o aprobado na Asemblea de Extraordinaria do pasado 11 de xuño de 2013, os socios/as dispoñen de 6 modalidades de abonos para a tempada 2013-14. No que respecta ás tarifas convencionais, de idade adulta, preséntanse o Abono Individual (90 euros) e o Abono Familiar (150 euros), que ofrece a posibilidade de acceder ao pack desconto de 2 carnés, acreditando a relación de parentesco entre os socios/as, excepto os abonados/as antigos, aos que o club premiará a súa fidelidade mantendo os beneficios de Dúo (150 euros).

Dentro das tarifas especiais, o club laranxa ofrece o Abono de Estudante (40 euros), destinado a persoas entre os 18 e os 25 anos que xustifiquen a condición de estudante, Abono Xuvenil (de 14 a 17 anos), por tan só 30 euros para toda a tempada, e o Abono de Xubilado (60 euros). Nesta nova tempada incorporouse o Abono Infantil (de 0 a 13 anos), por 10 euros. Tamén como novidade, en 2013-14 os socios/as laranxas terán a oportunidade de facer Reserva de Asento para toda a tempada en Vista Alegre co custo de 100 euros; na categoría Familiar poderán reservarse dúas localidades (150 euros).

 

Abonos de media tempada

O importe de cada cuota de socios/os redúcese nun 50%.

Abono Individual:  45 euros
Abono Familiar: 75 euros
Abono Xubilado: 30 euros
Abono Estudante: 20 euros
Abono Xuvenil: 15 euros
Abono Infantil: 5 euros

Reserva de asiento: 50 euros (individual)  75 euros (familiar)

O pagamento realizarase nunha soa cota, ben por domiciliación bancaria, ben á recollida do abono.


Na páxina web do CD Burela FS, está a disposición dos interesados o formulario de socios/as 2013-14, que poden cubrir e enviar por correo electrónico (burelafs@burelafs.org), sen saír do seu domicilio; as tarifas aplicaráselle o desconto do 50%.  Para máis información, poden acudir á sede laranxa (avenida Arcadio Pardiñas, número 91, baixo, Burela) ou chamar ao número de teléfono 982 58 18 15.



Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores