Noticias
28 de outubro de 2013
As individualidades laranxas gañan os tres puntos
Foto: A Caixa Escura

O Burela FS Pescados Rubén B levou o sábado o derbi provincial na visita do Vilalba FS á bomboneira (5-2). Os pupilos de Lucas recorreron á calidade das súas individualidades, sobre o xogo colectivo, para gañarse o dereito e o merecemento de que os tres puntos quedasen na casa.


Malia a iniciativa visitante no luminoso, con 0-1, de Miguilla (minuto 11), os bureleses souberon como aproveitar as súas armas para virar as tornas e marchar ao descanso con vantaxe 2-1, con goles de Keko, no 16, e Manu, no 17.


No segundo período, os laranxas tiveron que armarse de paciencia para sentenciar o partido. Ata o minuto 35, a escuadra local non atopou oco para ampliar as distancias, con Alemán, que abriu as portas para Manu e Antón, no 38, ata o 5-1. O segundo gol para os vilalbeses chegou nos últimos segundos, de dobre penalti de Aitor, xa sen perigo para os de Lucas.



Ficha técnica


Burela FS Pescados Rubén B: Brais, Alemán, Carlitos, Manu, Keko -cinco inicial- Hélder, Antón, Pancho, Xoel, Javi.


Vilalba FS: Abadín, Joel, Paulo, Ismael, Aitor -cinco inicial- Piña, Miguilla, Peón.


Goles: 0-1, m.11, Migilla; 1-1, m.16, Keko; 2-1, m.17, Manu; 3-1, m.35, Alemán; 4-1, m.38, Manu; 5-1, m.38, Antón; 5-2, m.40, Aitor (dp).


Árbitros: Naray Álvarez e Menéndez Nistal

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores