Noticias
28 de outubro de 2013
Televisión de Galicia emitirá en directo o Burela FS-Montesinos (sábado 2, 16.15 horas)

Vista Alegre adiantará esta semana o horario habitual do espectáculo laranxa dos sábados para acoller a novena cita de Primeira División LNFS, Burela FS Pescados Rubén-Montesinos Jumilla FS, con emisión en directo de TVG2 (16.15 horas).


Os pupilos de Juanlu chegan ao compromiso na oitava praza da clasificación, con 11 puntos, logo da excelente imaxe ofrecida na pista do Ribera Navarra (2-6). A próxima semana, coincidindo coa súa xornada de descanso, os burelistas desprazaranse a Melilla para disputar os dezaseisavos da Copa do Rei, o martes 5 de novembro, ás 21.00 horas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores