Noticias
24 de outubro de 2013
A ala ourensá Cris, reforzo para as burelistas

A ala ourensá Cristina Rodríguez Iglesias, Cris, estivo acompañada onte polo presidente do CD Burela FS Pescados Rubén na súa presentación oficial como xogadora laranxa. O novo reforzo mariñá chega procedente do Ponte Ourense, equipo no que militou nas cinco últimas tempadas.


A novísima Cris (Laias-Cenlle, 1990), que xa poderá debutar este sábado ante Vallirana (Vista Alegre, 18.30 horas) si así o estima oportuno Quico Otero, mostrouse moi ilusionada con esta nova oportunidade: “O Burela FS é un dos mellores equipos da liga e unha oportunidade así non a podía rexeitar. Logo de tantos anos no Ponte necesitaba un cambio e creo que non podería escoller mellor destino”. Desde o club laranxa, o presidente deulle a bienvenida á deportista como “unha gran contribución en rotación e frescura para que o equipo poida seguir evolucionando”.


A nova burelista preséntase como “unha xogadora que vai dar o máximo de si, se vai esforzar e dalo todo por este equipo”. “Espero medrar como persoa e madurar como deportista; intentarei adaptarme o ante posible ao grupo e axudar para pelexar por todos os títulos” dixo con emoción Cris, que confía en estar ao cento por cento co equipo rapidamente: “Creo que vai ser doado, as miñas compañeiras estanme axudando moito; a case todas as coñezo como rivais e a algunhas xa as coñecía persoalmente”.


A ala, que lucirá o dorsal 3 laranxa, non escatima afagos para o seu novo equipo. “É imposible facer mellor traballo que o Burela FS, estanse facendo ben as cousas; está líder e mellora partido a partido” explicaba Cris, que ve a liga 2013-14 máis igualdade que en tempadas anteriores e a Burela FS entre os favoritos: “A liga perdeu coa saída de xogadoras internacionais a Italia, pero segue habendo nivel. Este ano quizais hai máis equilibrio; entre os favoritos está por suposto Burela, Atlético de Madrid e Alcorcón, e creo que Soto tamén o vai facer ben. Gustaríame que o Ponte tamén estivese arriba” apuntaba Cris.


Aos seus 22 anos, a ourensá, formada na base de Cea, xa pode presumir no seu palmarés de 1 liga, Supercopa, 2 Copas Galicia e Copa Ibérica, defendendo a camiseta do Ponte.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores