Noticias
23 de outubro de 2013
Galicia Sub-19 comeza a súa preparación cos laranxas Hélder e Renato
Hélder co Burela FS B 2013-14 (A Caixa Escura) Renato, no Memorial Rodrigo Maseda Lozano 2013 (A Caixa Escura)

A Selección Galega Sub-19 comezará a vindeira semana a súa preparación de cara ao Campionato de España con representación laranxa. Os xuvenís Hélder Gonsalves e Renato Lopes participarán na primeira sesión do combinado o luns 28 no pavillón compostelán de Santa Isabel (19.00 horas).


Xunto aos xogadores do Burela FS Pescados Rubén, o seleccionador Ramón Francisco Barreiro tamén convocou a Alejandro López e Ángel López, do IES Coruxo; Aarón Dacosa, do Carballiño FS; Ismael Vázquez, do Vilalba FS; Alberto Fernández, Gabriel Capelo, Samuel Fernández e Adrián Torres, do Santiago Futsal; Pablo Arcas, Óscar López, Juan Cruz Caropi e Xián Seoane, do 5Coruña FS; e Martín Rodríguez, do Barval FS.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores