Noticias
11 de outubro de 2013
Animada mañá do sábado, en Autonómica Cadete e Infantil con derbi ante Azkar

A base burelista vivirá unha animada mañá do sábado con dobre emoción de derbi, en Autonómica Cadete e Infantil, que recibirán o Azkar Lugo na segunda xornada, ás 12.00 e 13.30 horas respectivamente (Vista Alegre).


Xa na xornada dominical, en Liga Nacional, o conxunto xuvenil desprazarase á pista do Esteo FS (12.00 horas), tamén na segunda cita da tempada.  Pola tarde, Lourenzá será o escenario dos amigables laranxas, con catro encontros, nas categorías benxamín, alevín, infantil e cadete. 



Liga Nacional Xuvenil


O Esteo FS-Burela FS
Domingo 13 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón municipal das Pontes


Liga Autonómica Cadete


Burela FS-Azkar Lugo FS
Sábado 12 de outubro, ás 12.00 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Liga Autonómica Infantil


Burela FS-Azkar Lugo FS
Sábado 12 de outubro, ás 13.30 horas, no pavillón Vista Alegre de Burela


Amigables


ED Lourenzá Alevín-ED Burela FS Alevín
Domingo 13 de outubro, ás 17.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá


ED Lourenzá Benxamín-ED Burela FS Benxamín
Domingo 13 de outubro, ás 18.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá


ED Lourenzá Infantil-ED Burela FS Infantil B
Domingo 13 de outubro, ás 19.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá


ED Lourenzá Cadete-Burela FS Cadete B
Domingo 13 de outubro, ás 20.00 horas, no pavillón municipal de Lourenzá

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores