Noticias
27 de xuño de 2013
A Copa Xuvenil e o Costa Nova, no punto de mira laranxa

A base laranxa ultima detalles para a dobre cita desta semana, a final da Copa Autonómica Xuvenil e a nova aventura do Torneo Internacional de Fútbol Base Costa Nova.


Os xuvenís xogarán a final o sábado fronte ao Parrulo FS, no municipal compostelán de Fontiñas, ás 17.30 horas; laranxas conseguiron coarse na gran loita polo título cunha vitoria (2-1) e un empate (3-3) ante a ED Vigo 2015 FS, en semifinais de ida e volta.


Para o Costa Nova, que reunirá entre mañá e o domingo a decenas de equipos ao longo da comarca da Mariña, prepáranse infantís, cadetes e xuvenís. CD Tineo (Asturias), CD Moaña (Pontevedra) e SD Ariz A (Biscaia) serán o primeiro escollo en categoría infantil, composta por tres grupos. Os cadetes burelistas mediranse, tamén en tres grupos, en primeira instancia a SD Textil Escudo B (Cantabria), CDF San Andrés (León) e Ass. Desp. Flaviense (Portugal). No grupo A de dous, os xuvenís veranse as caras na rolda inicial con CD Tropezón (Cantabria), CF San Isidro Colón (Madrid) e CD Foz.

Documentos relacionados:
71 KB
Calendario provisional Costa Nova
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores