Noticias
27 de xuño de 2013
Lidia, Dany e Lucía, no Día do Deporte do Pilar de Foz

As xogadoras laranxas Lidia Mesías, Dany e Lucía Nespereira gozaron dunha entretida xornada a semana pasada co alumnado do colexio focego do Pilar, coincidindo co festexo do Día do Deporte no centro.


As representantes do CD Burela FS Pescados Rubén repasaron a brillante tempada do dobrete de Liga e Copa de España ante un numeroso público engaiolado pola proximidade dos trofeos das campioas. Tras unha breve charla e infinidade de preguntas dos pequenos, as laranxas compartiron con alumnado e profesorado xogos no patio.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores