Noticias
19 de xuño de 2013
VII Campionato de Balompé Todos polo Fútbol (sábado 22, A Gándara)

O equipo da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña internarase no periplo da final do VII Campionato de Balompé Todos polo Fútbol este sábado,  no pavillón da Gándara de Narón. O conxunto mariñán estará acompañado pola gardameta laranxa Patri, voluntaria no centro da asociación en Burela dende o mes de xaneiro.



Esta cita será o colofón da tempada para nove conxuntos que dende o mes de marzo ata mediados de xuño participaron en liga. APEM Coruña, APEM Cambre, Doa (Vigo e Cangas), Lenda (Redondela), Morea (O Barco de Valdeorras), Portanova (Ferrol e Cerdido), Lar (Vilagarcía de Arousa) e Alba (Pontevedra), xunto á Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña.



O obxectivo deste evento é promover o deporte en igualdade, impulsar a práctica de deporte entre as persoas con enfermidade mental e loitar contra o estigma social que padece este colectivo. En total, Feafes Galicia agarda reunir no pavillón a máis de 300 persoas, entre participantes e acompañantes.



A actividade, organizada polo departamento de Ocio e Deportes de Feafes Galicia, ten como obxectivo amosar á sociedade a imaxe máis positiva do colectivo de persoas con enfermidade mental, loitando de modo activo contra os estereotipos e o estigma social.


 


MOITA SORTE RAPACES!

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores