Noticias
18 de xuño de 2013
O CD Burela FS colabora con Imdecum na I Xornada de Fútbol Sala Base na Rúa

O CD Burela FS Pescados Rubén colaborará na I Xornada de Fútbol Sala na Rúa da Fundación Imdecum, que ofrecerá unha divertida sesión de achegamento á práctica deportiva o mércores 26 de xuño.


A praza da Mariña de Burela engalanarase coa emoción do futsal para que todos os rapaces/as de 6 a 18 anos (nados/as entre 1995 a 2006) poidan pasar unha entretida xornada lúdico-deportiva, de 17.00 a 19.00 horas. Unha pista de 3x3 e unha portería inchable serán os escenarios principais das actividades para que todos os rapaces/as que o desexen poidan gozar do xogo e demostrar a súa puntería.


O alumnado da ED EON Burela FS tamén participará na xornada, xunto a monitores de xogadores/as do equipos sénior laranxas, para mostrar a metodoloxía de traballo da entidade burelista.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores