Noticias
11 de xuño de 2013
A ED EON Burela FS brillou na Copa da Mariña
ED EON Burela FS Alevín

A cor laranxa iluminou o pavillón Vista Alegre na final da Copa da Mariña disputada o domingo pasado, co título de campións para a ED EON Burela FS nas categorías alevín e infantil e o de subcampións para os benxamíns e de novo infantís.


O equipo alevín impúxose con solvencia ao ED Lourenzá-Mondoñedo por 4-1. Máis igualado estivo o duelo cento por cento burelista en infantís, co resultado favorable para a ED EON A fronte á ED EON B, con 2-1 final. En benxamíns, o conxunto anfitrión xogou contra o AD Praia de Covas, co electrónico 1-4 para os veciños do Landro.


Na outra cita da fin de semana, o torneo xuvenil O Pasatempo de Mondoñedo, os representantes laranxas non tiveron tanta fortuna. A súa ilusión viuse freada na competición con dous durísimos rivais na primeira eliminatoria, caendo por 6-2 e 4-0 ante Llourinhos e Sidrería San Blas.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores