Noticias
7 de xuño de 2013
Un festexo moi especial

Os usuarios/as da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental da Mariña ofrecéronlle á gardameta laranxa Patri un festexo moi especial polo dobrete da Liga e da Copa de España. O colectivo brindoulle un gran recibimento á xogadora hai uns días no seu centro de Burela, onde Patri realiza xornadas de voluntariado de atención sociosanitaria dende o mes de xaneiro.


Xunto á porteira, tamén compartiu a festa cos integrantes da asociación o director da ED EON Burela FS Alfonso Mera. Todos os usuarios/as puideron ver a prezada Copa e fotografarse con ela.


A presidenta da asociación, Iris Castro, e a coordinadora de Burela, María José Nóvoa, fixéronlle entrega á homenaxeada de dous agasallos elaborados polos membros do colectivo, en recordo dos títulos. Patri quixo mostrar o seu agradecemento regalándolle ao centro unha camiseta co seu dorsal tamén para a lembranza.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores