Noticias
31 de maio de 2013
Proclamación de nova Xunta Directiva (sábado 1, 13.30 horas)

Dende mañá o presidente da entidade laranxa será Manuel Blanco Fanego. Ás 13.30 horas, o CD Burela FS Pescados Rubén pechará o calendario electoral iniciado o pasado 1 de maio  proclamando  a nova Xunta Directiva (salón de conferencias de Burela, 13.30 horas), de acordo co artigo 6 do regulamento electoral.


A única candidatura presentada foi a encabezada por Manuel Blanco, ata agora vicepresidente e tesoureiro da entidade. José Luis Sáez Castro, antigo director xeral e vogal, asumirá a vicepresidencia; Antonio Couto Díez manterase como secretario e Rubén Blanco Fernández, fundador de Pescados Rubén, únese ao proxecto como tesoureiro. José Ramón González Casas deixará a presidencia para incorporarse á lista de vogais, xunto á continuidade dos empresarios Auditor Rodríguez Lombardía e Javier Cora Díaz e o funcionario Marcelino Luna Almarza; o regreso de Luis Antonio Guillén Menéndez, empregado de Alcoa, e Alberto Fernández Rouco, traballador da construción, que xa formaron parte da historia directiva da entidade; ademais das novidades dos empresarios pesqueiros  Ángel Véquez Fernández e Lino Quelle Casariego, a nutricionista Alba Vila Reija, José Ángel Dovale Gradaílle, traballador de Liteyca, e Carlos Neira Pena, fundador de Frenos Carpe.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores