Noticias
30 de maio de 2013
Ribadeo e Valadouro gozan coas campioas
En representación do Burela FS Pescados Rubén; Lidia, Patri e Jozi visitaron na mañá do xoves día 30 de maio o colexio Sagrado Corazón de Jesús de Ribadeo, donde compartiron a xornada cos alumnos e alumnas de ESO. A invitación do centro ribadense ás xogadoras laranxas está enmarcada no concurso de guións radiofónicos Radiando Igualdade, organizado polo CIM e a Concellería de Igualdade.
Fotografía: Faro Norte Comunicación



As campioas comentaron as súas sensacións despois de conquistar o dobrete; Liga da Primeira División RFEF e  Copa de España,  disputada recentemente en Bilbao. Ante a atenta mirada dos alumnos e alumnas, fomentaron a práctica deportiva como hábito saudable e tamén comentaron as esixencias do deporte de competición coma o sacrificio, os adestramentos, a disciplina, as longas viaxes. … O acto finalizou coas correspondentes fotos de rigor coas campioass que asinaron numerosos autógrafos aos alumnos e alumnas do centro mariñán.

Radio Valadouro. Pola tarde, as 19.30 horas outras dúas campioas; Lara e Haydee, acuden á invitación de Radio Valadouro para comentar a súa experiencia dos éxitos acadados recentemente.













Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores