Noticias
29 de maio de 2013
Resultados de base




O Burela FS de Terceira División non disputará a final de Copa ao prosperar a reclamación do Cidade de Viveiro por alineación indebida de dous xogadores xuvenís laranxas. Hélder e Fabio disputaran ese mesmo día un encontro co equipo xuvenil e trala vitoria burelesa en ambos encontros, 2-0 en Burela e 4-8 en Viveiro, os vivarienses procederon á reclamación polos xogadores xuvenís.

 

En categoría cadete, o CD Burela FS finalizou a Fase Final Autonómica en terceiro lugar, tras empatar (4-4) ante o Noia FS ao que superou na tanda de penaltis. Pola súa banda, os xuvenís clasificáronse para a final de Copa malia a derrota por 3-4 en Burela. Na ida os mariñanos venceran por 3-6.

 

Fase final Vista Alegre. O próximo 8 de xuño o feudo laranxa acollerá a Fase Final da Copa da Mariña, que contará coa participación dos equipos laranxas en categoría benjamín, alevín e 2 infantís.

Documentos relacionados:
50 KB
Resultados de base
Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores