Noticias
28 de maio de 2013
Campionas con Stilo
O Burela FS Pescados Rubén venceu cunha autoridade incuestionable, no marcador (6-1) e no xogo, ao Atlético de Madrid Navalcarnero na gran final da XIX Copa de España disputada en Bilbao, organizada por el Club Stilo Berrio. As cazadoras de soños lograron un dobrete histórico, Liga e Copa, ante un rival de grande entidade que realza a súa conquista lendaria.
Fotografía: Cantera Deportiva Fotografía: Cantera Deportiva Fotografía: Cantera Deportiva

A sinfonía dirixida por Javier Pardeiro ofreceu un recital en La Casilla ante un Atlético de Madrid que viu dobremente golpeado o seu orgullo nos últimos días. A escuadra burelense manexou a partida ao seu antollo, alternando estratexias e tácticas que envolveron as colchoneiras nun mar de dúbidas. O Burela xestionou cada man con solvencia e sacou a relucir o seu as de copas para gañar cada envite das madrileñas. Dany protagonizou a ofensiva laranxa, os seus dous primeiros tantos encamiñaron a vitoria na primeira parte (2-0) e completou a seu hat-trick pechando o marcador.


Na segunda rolda o Burela continuou marcando o tempo dun partido que o Atlético intentou remontar á desesperada co xogo de cinco. Peque e Jozi rendibilizaron a ousadía colchoneira marcando o 3-0 e 4-0, respectivamente, aumentando a ledicia da afección burelense e sentenciando a final. Lidia logrou o 5-0 e acto seguido Ju Delgado anotou o tanto do honor roxiblanco pero Dany quixo selar a súa estelar actuación pechando o set nos instantes finais.


 


Ficha técnica. Final Copa de España 2013. Bilbao


 


Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Lidia, Peque, Haydée y Lucía Nespereira –cinco inicial- Dany, Maite, Dolo e Silvia.


 


Atlético de Madrid: Vane; Isa García, Natalia, Anita Luján y Ju Delgado – cinco inicial- Priscila, Leti, Beíta e Fabi.


 


Goles: 1-0, min. 4 Dany; 2-0, min. 15 Dany; 3-0, min. 34 Peque; 4-0, min. 34 Jozi; 5-0, min. 39 Lidia; 5-1, min. 39 Ju Delgado; 6-1, min. 40 Dany.


 


Árbitros: Egía Echearte e Galbarriatu Ramos do Colexio Vasco. Amosaron cartón amarelo a Dany no Burela FS Pescados Rubén e a Leti nol At. Madrid Navalcarnero.


 


Pavillón: La Casillla.  800 espectadores.


 


No palco de honra estiveron presentes, entre outras, as seguintes personalidades; o presidente do CNFS, Antonio Escribano; presidente do Comité Vasco de fútbol sala, Patricio Allende; presidente do Comité Biscaíño de fútbol sala, Joseba Gamboa; presidente da Federación Vasca de fútbol, Luís María Elustondo; presidente da Federación Biscaíña de fútbol, José Ignacio Gómez Mardones; seleccionador español de fútbol sala; José Venancio López; o presidente da LNFS, Javier Lozano; presidente do Burela FS Pescados Rubén; José Ramón González; concelleiro delegado da área de Euskera, Mocidade e Deporte, Sabin Anuzita Pomposo; ademais doutros membros do consistorio local.


 


Ficha técnica. Semifinal. Copa de España 2013. Bilbao


 


Burela FS Pescados Rubén: Jozi; Haydée, Lidia, Peque e Lucía Nespereira –cinco inicial- Dany, Maite, Dolo, Lara e Paula.


 


Lacturale Gurpea Navarra: Ana; Andrea, Itu, Bea Mateos e Berta Velasco –cinco inicial- Mai Garde, Bea Garde. Sandra Soto, Maite Villanueva, Maialen e Rebeca.


 


Goles: 1-0, min. 7 Maite; 2-0, min. 20 Lidia; 3-0, min. 20 Maite; 4-0, min. 24 Peque; 4-1, min. 40 Bea Mateos.


 


Árbitros: Abel Asenjo e Aitor Felipe del Colexio Vasco. Amosaron cartón amarelo a Bea Mateos no Lacturale Gurpea Navarra.


 


Pabellón: La Casilla. 1000 espectadores.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores