Noticias
28 de maio de 2013
O Burela FS de Javier Pardeiro recibirá a Medalla de Ouro do Concello
A corporación municipal acordou por unanimidade entregarlle esta distinción polos logros conseguidos
Foto: José Manuel Otero Quiroga

A corporación municipal de Burela acordou de forma unánime concederlle a Medalla de Ouro do Concello ao equipo Burela Fútbol Sala de Primeira División RFEF. Así o anunciou o alcalde burelense, José González Barcia, quen o xustifica como un recoñecemento municipal aos logros conseguidos polo equipo deportivo nesta tempada. O equipo proclamouse o domingo campión da Copa de España Bilbao 2013, o segundo logro tras conseguir hai quince días o título de liga da máxima categoría do fútbol sala feminino.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores