Noticias
9 de xuño de 2012
O Burela FS seguirá soñando coa elite no terceiro encontro en Martorell

O Burela FS Pescados Rubén esgotará as oportunidades para o ascenso á Primeira División. O resultado desta tarde para beneficio do Sala 5 Martorell (3-2) obriga o conxunto laranxa a disputar o terceiro encontro mañá, a partir das 20.30 horas, no municipal da localidade catalá, para seguir soñando coa elite.

Acompañados polos cánticos dun cento de afeccionados/as aproximadamente, os burelistas souberon repoñerse ao tanto temperán de Álex (minuto 3) e á calor abafante, con seriedade nas zapatillas de Ique (minuto 14). No entanto, ese aire fresco axiña se esvaeu coa aparicións uns segundos máis tarde de Marc Areny, que bateu a Iago Barro.

Con 2-1, o Burela FS aplicouse a fondo no regreso á pista. Así, Iago Míguez marcou táboas cando só transcorrera un minuto. A tres para o final, de novo Marc Areny deu unha vantaxe que os mariñáns non puideron reducir a pesar das tentativas.

 

Ficha técnica

Sala 5 Martorell: Pol, Jordi, Álex Peramos, Diego Blanco e Marc Areny; tamén xogaron Suzuki, Ignasi, Kiko e Guille Aubauch

Burela FS Pescados Rubén: Iago Barro, André, Víctor, Iago Míguez e Juanma; tamén xogaron Purao, Clebinho, Christian e Ique

Goles: 0-1, minuto 3, Álex Peramos; 1-1, minuto, 14, Ique; 2-1, minuto 14, Marc Areny; 2-2, minuto 21, Iago Míguez; 3-2, minuto 37, Marc Areny

Tarxetas amarelas: Ignasi, polos cataláns, e Purao, polos burelistas

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores