Noticias
7 de xuño de 2012
Sigue o Burela FS en Twitter (@burelafs), coa Copa de España e o play off

Non puideches ir a Valladolid? Martorell está a nada máis e nada menos ca 1.007 quilómetros? Non te preocupes, poderás seguir as fazañas do Burela FS Pescados Rubén tanto na Copa de España Valladolid 2012 coma no play off a Primeira fronte ao Sala 5 Martorell, a través de twitter (@burelafs).

Mañá, a partir das 12.30 horas estréase a túa cita cos tweets laranxas, para vivir os cuartos da Copa entre o Burela FS e o Cajasur Córdoba. O sábado pode haber sesión dobre: Martorell-Burela FS, ás 18.00 horas, e no caso dun resultado favorable do venres, o conxunto de Javier Pardeiro fronte ao gañador de Navalcarnero-Valladolid, a partir das 19.30 horas. Para o domingo, está prevista a loita polo prezado título, ás 12.00, e se fose necesario, o terceiro encontro da eliminatoria de play off, a partir das 20.30 horas.

Galicia en Goles Fin de Semana, da Radio Galega, tamén será testemuño do periplo burelista en Martorell, coa retransmisión de toda a eliminatoria. Desde o venres, a Radio Galega ofrecerá información detallada da Copa de España Valladolid 2012 nos boletíns horarios e nos programas das 20.30 e 23.00 horas. A canle seguirá as semifinais en directo o sábado, no caso de que haxa representación irmandiña. Radio Galega Música vivirá a gran final o domingo.

Ademais, na rede Topsala dedicará un especial da cita valisoletana, con infinidade de reportaxes, e Emisiones Deportivas brindará os partidos en imaxes.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores