Noticias
5 de xuño de 2012
A Copa de España volverá unir o Burela FS e o Cajasur Córdoba (Valladolid, 8-10 xuño)

A Copa de España volverá unir as traxectorias do Burela FS Pescados Rubén e o Cajasur Córdoba nos cuartos de final, un ano despois da cita de Vista Alegre. O pavillón Pilar Fernández Valderrama de Valladolid acollerá a vixésimo oitava edición entre o 8 e o 10 de xuño. 

Os sete primeiros clasificados na liga e o anfitrión do torneo, o Valladolid, buscarán un título do que é vixente campión o Móstoles FSF. Os cuartos de final arrincarán o venres ás 10.15 horas, co enfrontamento entre o segundo, Móstoles, e o sétimo, Femesala Elche; o conxunto de Javier Pardeiro, que rematou no peche do podio, medirase ás cordobesas, sextas na liga, ás 12.30 horas. Pola tarde enfrontaranse C Queralt Gironella, cuarto, e Ponte Ourense, quinto, ás 17.15 horas, e finalmente o campión 2011-12, Atlético de Madrid Navalcarnero, e o equipo local, a partir das 19.30 horas.

Os gañadores loitarán pola final o sábado. No caso de saír vitoriosas da primeira batalla, as xogadoras laranxas deberán verse as caras co gañador do Navalcarnero-Valladolid, ás 19.30 horas. O campión de España decidirase o domingo, a partir das 12.00 horas. 

Segundo informou o Valladolid FSF no seu twitter (@Valladolid_FS), a entrada para cuartos de final custará 8 euros (4 para a sesión matutina e 4 para a vespertina), as semifinais 4 € e a final 4 €.


Venres 8 de xuño – CUARTOS DE FINAL

10.15 horas: Móstoles-Femesala Elche (1º)                                                          
12.30 horas: Burela FS Pescados Rubén-Cajasur Córdoba (2º)           
17.15 horas: C. Queralt Gironella-Ponte Ourense (3º) 
19.30 horas: At. Madrid Navalcarnero-Valladolid (4º)       

                                      
Sábado 9 de xuño - SEMIFINAIS

17.15 horas: Vencedor 1º-Vencedor 3º                                                           
19.30 horas: Vencedor 2º-Vencedor 4º
   

                                                       
Domingo 10 de xuño

12.00 horas: FINAL

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores