Noticias
3 de xuño de 2012
Vista Alegre despídese con vitoria da Liga feminina

Vista Alegre despediuse da Liga en Primeira División feminina coa vitoria do Burela FSF Pescados Rubén ante o Universidade de Alacante (4-1) e o equipo de Javier Pardeiro clasificado nun meritorio terceiro posto a escasas datas para a disputa da Copa de España.

Presionaron as alacantinas a saída do balón ás locais intentando dificultar o xogo de posesión laranxa, aínda que o Burela se adiantou cun tanto de Dolo no minuto 5 (1-0) e o equipo visitante notou o golpe. Peque facía o segundo no 10 e tamén anotaría o terceiro dous minutos despois tras unha gran xogada persoal. Un gol de Sofía mantiña ao Universidade no partido, ata que Haydée materializou o definitivo 4-1 e sentenciou o choque. As alacantinas baixaron os brazos ante un Pescados Rubén que optou por minorar o ritmo coa vista posta na Copa de España.

Introduce unha palabra para realizar a búsqueda de coincidencias entre todas as noticias.
Ou busca no noso arquivo as noticas publicadas con anterioridade.
Patrocinadores